09/07/2026
San Sadurniño está a crear a súa comunidade enerxética
09/07/2026
San Sadurniño está a crear a súa comunidade enerxética
O Concello de San Sadurniño, en colaboración co GDR Seitura 22, celebrou unha xuntanza informativa na Casa da Xuventude para explicar o funcionamento e as vantaxes das comunidades enerxéticas. Avánzase así na creación dunha comunidade enerxética local no municipio, un proxecto que leva xestándose dende o ano pasado. A sesión tamén serviu para integrar o traballo desenvolvido a través do Citizen Energy Advisory Hub da Unión Europea, dando así apoio á transición enerxética e a promoción dunha participación veciñal activa na xestión dos recursos renovables locais.