11/08/2026
11/08/2026
Despois da a xuntanza informativa celebrada o pasado mes de xullo, San Sadurniño Enerxía constitúese este xoves, 13 de agosto, dando un novo paso na creación da comunidade enerxética local. A nova asociación nace co obxectivo de reducir o custo da electricidade a través da compra colectiva e do autoconsumo compartido, integrando veciñanza, empresas, entidades e administración local.
O estudo realizado identificou 17 cubertas municipais con potencial para instalar placas solares, cunha capacidade aproximada de 609 kW. Como primeira actuación, proponse un núcleo de instalacións na piscina municipal, o centro de empresas e as cubertas do campo de fútbol, que poderían alcanzar 99,3 kW de potencia e unha produción anual próxima aos 97.000 kWh.
Un novo paso para facer realidade o proxecto e avanzar cara a un modelo enerxético máis local, renovable e colectivo.