13/07/2026
Moeche remata a súa primeira instalación fotovoltaica comunitaria
13/07/2026
Moeche remata a súa primeira instalación fotovoltaica comunitaria
O Concello de Moeche finalizou a súa primeira instalación fotovoltaica comunitaria na nave do Mercado para a Comunidade Enerxética local: a Comunidade Enerxías Renovables Moeche- ACER Moeche. É a primeira da comarca en executar unha instalación deste tipo, xa que Moeche foi seleccionado como concello piloto no marco do proxecto europeo CEL Rural. A obra contou cun investimento de 50.000 euros de fondos europeos a través do programa de cooperación transfronteiriza Interreg POCTEP España-Portugal. Na iniciativa colaboran activamente entidades como a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
O vindeiro paso será a sinatura dun convenio entre o Concello, a FEGAMP e a Comunidade Enerxética para ceder a xestión directa da instalación á veciñanza. Para a súa posta en funcionamento só resta que empresa distribuidora de enerxía - UFD - e a Consellería de Industria rematen o procedemento administrativo dos permisos.