29/09/2026
29/09/2026
O pasado martes 29 tivemos a oportunidade de participar en Boimorto nunha reunión organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo xunto cos 9 concellos colaboradores da zona.
Durante o encontro compartimos unha breve reflexión sobre a importancia de tecer redes, crear alianzas e sumar capacidades para avanzar e desbloquear iniciativas que están a dar os seus primeiros pasos.
Compartimos en detalle iniciativas emerxentes no territorio, así como diferentes dúbidas sobre como funciona realmente unha comunidade enerxética, que posibilidades ofrece e que pasos son necesarios para poñela en marcha.
O encontro foi tamén unha oportunidade para presentar Redenerxía, dar a coñecer o noso traballo e achegar os recursos e acompañamento que ofrecemos aos territorios que queren impulsar novas iniciativas enerxéticas.
Un espazo moi interesante para poñer en común proxectos, resolver dúbidas e identificar posibles vías de colaboración entre os diferentes axentes do territorio.