29/08/2026
Redenerxía visita a Feira Rural de San Sadurniño
29/08/2026
Redenerxía visita a Feira Rural de San Sadurniño
Redenerxía visitou a nova edición da Feira Rural de San Sadurniño, un evento que reuniu 65 postos e numerosos visitantes a pesar do mal tempo para poñer en valor o sector primario e os produtos locais. No posto de Redenerxía as persoas asistentes puidéronse informar sobre as oportunidades que ofrece a enerxía comunitaria, e aprender os pasos para conformar unha comunidade enerxética local. Ademais da oferta comercial e dos postos informativos, a xornada contou con obradoiros, música e visitas guiadas ao Colmear Didáctico e á Horta de Froiteiras, onde destacou unha singular exposición con preto de 70 variedades de mazá, reafirmando o compromiso do municipio con este conxunto de iniciativas de impulso ao medio rural.