21/11/2026
21/11/2026
Data: sábado 21 de novembro de 2026.
Horario: de 10:30 a 13:15 h
Lugar: Local social da CMVMC de San Adrián, Ortigueira.
Un espazo para compartir experiencias, resolver dúbidas e explorar oportunidades
Os procesos de negociación vinculados ao repotenciamento dos parques eólicos abren novas posibilidades, pero tamén suscitan interrogantes e desafíos para os territorios afectados. Como conectar estes procesos coas necesidades e iniciativas locais? Que oportunidades poden xurdir para as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), as asociacións veciñais, persoas propietarias e grupos interesados.
Esta xornada pretende tender pontes entre os procesos de repotenciamento eólico e o desenvolvemento de iniciativas enerxéticas de base comunitaria, poñendo en común experiencias prácticas, resolvendo dúbidas e abrindo un espazo de debate para compartir propostas e identificar posibles vías de colaboración desde o propio territorio.
10:30 h | Benvida e presentación
Miguel Teixido. GDR Seitura 22
10:45 h | POR QUE IR MÁIS ALÓ?
Xavier Simón · Observatorio Eólico de Galicia (OEGA)
11:00 h | CASO PRÁCTICO I. Repotenciamento en 8 CMVMC na Serra do Cando
Enrique Gil Santos . Presidente da comunidade de montes de Covelo
11:20 h | CASO PRÁCTICO II. Comunidades de Montes e tamén Enerxéticas
Fernando Malvar · Comunidade Enerxética de Buchabade
Samuel Sestelo · Comunidade Enerxética de Portabouza
11:50 h | Pausa e petisco
12:10 h | DEBATE ABERTO. Do repotenciamento ás oportunidades comunitarias
Debate moderado por Redenerxía, a partir da recollida previa de dúbidas e cuestións das asociacións e comunidades de montes dos territorios de Seitura, Ulla Tambre Mandeo, Mariña Lucense e Terra Chá.
13:00 h | Conclusións, despedida e peche
José Valentín Calvín Fondevila . Alcalde do Concello de Ortigueira
Pablo Fernández Vila . Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas
13:15 h | Fin da xornada (hora aproximada)